Ninguén

Facendo así un pequeno resumo da miña personalidade, se ben son muito mais complexo q todo isto, e non por iso deixo de ser excesivamente sinxelo.
As letras das cancións... As veces serven de espello, muito mellor q un de vidro, por sorte eu vou mirandome nas pucharcas, eu non preciso espellos (Feo).
Teño muitas mais cancións, tantas coma defectos, tantas q ao mellor as persoas noctambulas, esas q non poden durmir e pasan as noites vendo o teletenda agardando ver un incrible pelapatacas ou ter unha butterfly pillow pra durmires ben, poderían ter visto o anuncio do meu recopilatorio de cancións :"NON DIPOÑIBLE EN TENDAS, SO AQUI PODERÁS MERCAR O MELLOR DA MÚSICA DEPRIMENTE NUN MAGNÍFICO ESTUCHE DE 20 CDS E A UN PREZO INCRIBLE" "E SE CHAMAS AGORA, AGASALLÁMOSTE CUNHA BUTTERFLY PILLOW"
0 comentarios